12 de octubre de 2015

Penso en Madrid, penso en ti...

Cando penso en Madrid, penso en ti...

Penso nos eternos paseos polas rúas,
en todos os abrazos que me deches...

Penso nese son, xa sabes... ese "non sei que".

Cando penso en Madrid,
penso que non pode haber nada coma ti.
Nada mellor onde resgardarse,
nada mellor onde buscar acollemento.

Penso na chuvia, no vento, no sol, na lúa,
nas pedras, nos aloumiños, en todos os teus corazóns...
Penso en toda a luz que me das, na túa maxia,
na túa enerxía, no teu saber estar.
E non me canso de pensar en ti.
.
.
.

Cando penso en Madrid, penso en ti, cando penso en calquera outro sitio, penso en ti...
Penso en ti, Compostela.