22 de marzo de 2015

Manualidades

A min sempre me gustou todo o que teña que ver coa creatividade, ó mellor por iso me decidín a estudiar Publicidade e despois Xornalismo, porque pensaba que eran boas vías para crear e que non aguantaría nun traballo demasiado mecánico. Pero estudios e profesións aparte, cando teño tempo dame por facer "cousas"... Ás veces escribo e outras fago... por exemplo libretas!(máis ben falo de decoralas porque as follas xa veñen enganchadas) E iso que nunca fun nada boa cortando en liña recta nin pintando sen sairme por fóra das liñas dos debuxos... (e conste que "cousas" é unha das palabras que máis odiamos os xornalistas, pero agora non tiña gana de andar na procura doutra palabra máis xeitosa, que non estou traballando).