23 de diciembre de 2014

Aprender de ti

Aprender de ti,
das túas curvas e as túas rectas,
dos teus altibaixos.
Das túas imperfeccións e da túa fermosura,
do teu mundo exterior e do interior.
Aprender do teu corazón recuberto de pedra.
Aprender dos teus sons e os teus silencios,
das vidas que acolles,
da túa vida.
Aprender da túa luz, das túas sombras,
dos teus días claros e os grises.
Aprender dos teus sentimentos, do teu vento,
das mans que elevas cara o ceo.
Aprender da túa arte e a túa beleza,
da túa xenerosidade e agarimo,
do teu acougo.
Aprender da túa grandeza e humildade,
do teu saber estar,
sempre en acción e en repouso á vez,
coa túa esencia intacta, sempre sendo ti.
Aprender de ti, Compostela.



1 comentario: